Blogia
Andresadas

Todo un retrato...

 

Descarga o trailer da curtametraxe para coñecer máis Retrato 

Este venres tivemos a posibilidade de acudir á estrea de Retrato, a última curtametraxe do director santiagués Jairo Iglesias. É moi ilusionante pensar que un amigo ó que coñeces dende que tiña 3 anos sexa capaz de facer estas marabillas...

A estrea realizouse no Centro de Arte Galego Contemporáneo, o venres 16 ás 22.15 da noite... Jairo explicou que, despois de tanto tempo agardando, podía estrear esta curta que fixera con tanta ilusión... Unha historia de amor, na que realmente comprendemos que hai que aproveita-lo tempo, que só se vive unha vez, que hai que disfrutar das cousas bonitas da vida... Cun reparto con ganador dun Goya Tamar Novas, e tamén, Sara Casasnovas, María Castro e Sergio Suárez...

Por outra banda, Jairo quixo adicar esta curtametraxe a un dos seus millores amigos, que por desgracia, foinos roubado hai cinco meses... Óscar Muiño volveu a ser recordado por todos, nun, segundo dixo o director: "...Este cortometraje no tiene nada que ver con él, pero es un pequeño homenaje que le rindo..." Sen dúbida, unha curtametraxe excepcional que espero que sexa posible voltala a ver en máis salas de Galicia, e ogallá, de España...

NORABOA JAIRO, SEGUE ASÍ QUE HAS DE CHEGAR LONXE...

 

 

 

2 comentarios

Miguel -

O trailer dá moi boa pinta de realización e moi boas actrices e actores. Xa me gustaría velo, xa.
Mágoa que non sexa en galego, pero non me vou pór \"repunante\" con vellas historias. Parabens, porque sempre é boa cousa que a xente vaia agromando.

Jairo -

Muchas gracias por la noticia Pitxu :)